REPUESTOScoches24.es

Deporte y salud

Nueva sección

 

Entrevista a Aser Estévez en Ciclismo Galego

18/01/2016

Aser Estevez, corredor que chegou ao Club Ciclista Rías Baixas no 2015 e no cal seguirá neste 2016.

No 2015 non deixou moitas opcións aos rivais ao proclamarse campión galego tanto en liña coma en contrarreloxo individual. Ademáis destas vitorias, rematou 4º nos Campionatos de España CRI Elite. Pisou pódium en carreiras coma a de Porriño ou fóra de Galiza, como no Memorial Santisteban en Cantabria, logrando un 3º posto.

Podemos dicir que, Aser, ten un palmarés dos máis importantes dentro do campo elite/sub23 galego. Destacan os Campionatos Galegos (suma un total de 15: tanto en liña, CRI e incluso ciclocrós), suma un Campionato de España Sub23 de CRI, 5 primeiros postos no Ránking galego de Elite/sub23, etapas en diferentes voltas en Portugal e Galiza, vitorias en carreiras dun día,…

Esti Aginako1

Imos coa entrevista

CG: Antes de nada, noraboa por esta temporada 2015. Estás satisfeito co teu rendemento ou quedouche alguña espiña cravada?

Aser: Moitas Grazas. Foi un bo ano, o mellor dende o 2011, pero sempre aspiro a máis. O 2016 quero que sexa un ano moito mellor incluso, novos obxectivos, máis calendario, mellorar o 2015 e amplialo. Si, a espiña foi o Campionato de España de contrarreloxo que rematei cuarto a uns segundos do podio, e doeume esa medalla de chocolate, e a Volta a Galicia, que pasei un mal día na etapa raíña en Manzaneda e relegoume o décimoterceiro posto da xeral da volta.

CG: Recordas como empezaches no ciclismo? E a competir?
 

Aser: Empecei no ano 2001, cando era infantil de primeiro ano. Viña de ser gaiteiro, tocar o bombo, bailarín, xogador de balonmán e nadador. Ningún me gustou e decidín probar sorte no ciclismo, e parece que foi o meu, por iso xa levo 16 anos a pedalear. Entrei no Clube Ciclista O Rosal a pedalear cun amigo, el deixou no mesmo día porque cansaba moito, e eu seguín ata hoxe.
 

CG: Como é a vida dun deportista do teu nivel? É compatible cun traballo?

Aser: É unha vida moi esixente e disciplinada. Hai que ter todo moi ben organizado e planificado de antemán. Sí é compatible co traballo pero hai que saber levalo e depende do tipo de traballo, pero é unha tarefa de altos voos. No meu caso, é a docencia o meu traballo, polas tardes dou clase, o que me permite adestrar polas mañás ou ó revés. Pero as dúas cousas deben ir parexas, é dicir, non descoidar ningunha das dúas e afrontalas con ilusión, pola contra, non merece a pena.
 

CG: Cal foi o momento máis doce e o máis amargo durante a temporada que acabou?
 

Aser: O máis doce, a vitoria no Mirador do Ézaro, foi a miña primeira vitoria en alto, a ademáis foi o décimocuarto campionato rexional do meu palmarés. O máis amargo a caída na última etapa na Volta Ciclista a Zamora.​



CG: Durante o Campionato Galego de liña, tiñas vixiado a algún corredor en particular? Que che pareceu que acabárades no Mirador do Ézaro?

Aser: Bueno... vixiar sempre se vixía a todos, porque calquera pode dar unha sorpresa en calquer carreira. O Froiz estivo moi combativo e intentamos xogar as nosas cartas e controla-la carreira ata pé de porto. Alí impuxemos a nosa autoridade. Saíu ben o traballo do equipo, todos os compañeiros fixeron unha destacable labor para gañar, e o director acertou coa estratexia. Gustoume moito ese final, moi duro pero precioso e espectacular.

GC: Despois de conseguir dobrete nos Campionatos Galegos e rozar pódium nos españois. Que retos te propós para este 2016?

Aser: Repetir os Campionatos Autonómicos e mellorar nos Campionatos de España, e gañar algunha volta por etapas e carreiras dun día.

GC.Con tantos títulos galegos que levas… cal é ao que gardas máis cariño?
 

Aser: Todos son especiais, 15 son moitos, pero quizais me quede co primero, porque foi a primeira gran vitoria, en Lousame en setembro do 2006. Aí comezou o meu camiño.
 

GC. Tema peliagudo. Nos últimos tempos vimos como equipos da talla do Euskaltel pecharon, anteriormente o Xacobeo, o Andalucía,… e non hai relevo. Como ves e vives a situación actual do ciclismo (en xeral) e o galego (en particular)?

Aser: Está o panorama moi escuro e complicado, por iso dende fai catro anos xa estou a traballar noutra cousa porque o ciclismo non dá de comer. É a triste realidade do ciclismo galego e español na actualidade, non se perde a esperanza, pero mentres hai que facer outras cousas aparte de pedalear. Se aparece unha boa oportunidade, o ciclismo será ó que lle dedicarei o 100% da miña atención, mentres é o 50%, o outro 50% é o meu traballo.

 

GC.Que corredores do pelotón actual che impresionan máis, tanto profesional coma elite/sub23?

Aser: Moitos, pero quédome cos galegos que son bos coñecidos e están a dar a talla. Creo que hai futuro na comunidade para os próximos anos.



GC: Moitas grazas, Aser, polo teu tempo e por responder ás preguntas.


Aser: Moitas grazas a vós

Fuente: http://ciclismogaliza.wix.com/ciclismogalego#!Aser-Est%C3%A9vez/colb/569cb0640cf2ff2c456a1ea3

 

 

 

banner-pinganillos

Twitter

Patrocinadores

  • image
  • image
  • Agua Sana
  • image
  • image
  • Campos&rial
  • image
  • Concello de Vigo
  • image
  • Integra2
  • Michelin
  • image
  • image
  • Digoin
  • image
  • image
  • image
  • image
  • Aguas de Mondariz
Previous Next