REPUESTOScoches24.es

Deporte y salud

Nueva sección

 

BaionaTV, en la presentación de Cristian, Xoel y Adrián

baiona tv pres

O novo proxecto do Club Ciclista Rías Baixas vai sobre rodas. As instalacións de Pneumáticos Barreiro serviron de escenario para a presentación dos tres corredores que esta tempada dan o salto ao pelotón Elite e Sub 23. Adrián Avelleira, Cristian Mota e Xoel Dias buscarán seguir crecendo como ciclistas no campo afeccionado tras obter importantes resultados na categoría júnior.

Visita www.baionatv.com para ver la noticia completa con todas las fotos

 

 

O novo proxecto do Club Ciclista Rías Baixas vai sobre rodas. As instalacións de Pneumáticos Barreiro serviron de escenario para a presentación dos tres corredores que esta tempada dan o salto ao pelotón Elite e Sub 23. Adrián Avelleira, Cristian Mota e Xoel Dias buscarán seguir crecendo como ciclistas no campo afeccionado tras obter importantes resultados na categoría júnior. Estas incorporacións reforzan a aposta da formación que preside José Luis Chamorro e dirixe Marcos Montañés polos novos talentos do ciclismo galego. A este acto tamén asistiron Jorge Andrés Barreiro Fernández, propietario de Pneumáticos Barreiro; Fernando Guitián, alcalde de Gondomar; e Daniel Benavides, delegado provincial de Deportes da Xunta de Galicia.

 

As tres fichaxes cumpren os requisitos de idade para participar nas probas da Copa de España, a competición máis prestixiosa do calendario Elite e Sub 23 na que a entidade do Val Miñor se estreará esta campaña. Marcos Montañés mostrou a súa confianza nuns corredores de 18 anos aos que xa dirixiu no Club Ciclista Ponteareas e na Escola de Ciclismo Redondela: "É a segunda fornada de xuvenís pola que aposta o Club Ciclista Rías Baixas despois dos cinco que incorporou o ano pasado. Aos tres coñézoos. Sei onde coxean e onde son máis fortes. Con paciencia e traballo espero que sexan capaces de repetir os éxitos que conseguiron nas categorías inferiores".

 

O vigués Xoel Dias procede do Club Ciclista Compostela. É o actual campión autonómico júnior e indicou que se decantou pola proposta do conxunto do Val Miñor por "o seu director e polos ciclistas que xa estaban a tempada pasada e aseguraronme que había un bon grupo. Montañés inspírame moita confianza e intentarei axudar ao máximo".

 

Cristian Mota, de Ponteareas, logrou a pasada campaña a vitoria no Ranking de Galicia Júnior defendendo as cores da Escola de Ciclismo Redondela. "O salto é importante. O campo Elite é moito máis sacrificado e tes que mentalizarte por completo. Teste que decatar de que se queres ser ciclista, debes empezar dende agora. Con este director sei que poderei ofrecer o mellor de min", afirmou.

 

Pola súa banda, o redondelano Adrián Avelleira chega dende o equipo da súa localidade natal disposto a "traballar para os meus compañeiros máis veteranos e conseguir os obxetivos que nos marcamos como prioritarios. No equipo hai moi bo ambiente e iso é fundamental. Espero adapatarme o máis rápido posible a esta nova categoría".

 

Finalmente, o presidente José Luis Chamorro deulles a benvida ao club e expresou o seu desexo "de que estes corredores nos acheguen moitos éxitos. Cremos neles e sabemos que nos van dar xornadas de gloria sobre a bicicleta".

 

 

Categorías: Gondomar, Deportes, Galego

 

Publicar un comentario

¿Ya es miembro? Iniciar sesión
Nueva imagen de prueba CAPTCHA
Nueva prueba Prueba de audio Ayuda

banner-pinganillos

Twitter

Patrocinadores

  • image
  • image
  • Qualery
  • image
  • image
  • Digoin
  • image
  • Michelin
  • Concello de Vigo
  • Agua Sana
  • Integra2
  • image
  • Aguas de Mondariz
  • Campos&rial
  • image
  • image
  • image
  • image
  • image
  • image
Previous Next